A edición de O pobo da noile, a antoloxía lírica de Manolo Rivas, acompañada dun disco compacto, recibiu a acollida entusiasta dos lectores e lectoras. Coincidindo con estas letras galegas aparecerá a súa segunda edición.
O pobo da noile foi presentado, con extraordinaria acollida de público, en diversas cidades galegas nas que se realizaron recitais, protagonizados por Manolo Rivas e César C. Morán que puxo música ós poemas. A crítica sinalou que no disco compacto de O pobo da noile emparéntanse modemidade e pasado, e a tecnoloxía dixital e a tradición trobadoresca da lírica medieval galego-pottuguesa. Manuel Rivas quixo co compacto " devolver a poesía ós camiños, ás tabernas e ás feiras, que hoxe as feiras son as radios " .