Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares Gallegos en 1863.
Probablemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a soidade, a morte, a inxustiza, o vacío... Tamén as súas primeiras aportacións formais e as combinacións rítmicas que tanto influíron non só na poesía galega senón en toda a lírica peninsular.
Velaquí un dos grandes libros da nosa literatura. Un dos seus momentos de auténtica plenitude.